Acerca das actualizacións de software do dispositivo
Coas actualizacións do software do dispositivo, pode obter novas características e
funcións melloradas para o seu dispositivo. A actualización do software tamén pode
mellorar o rendemento do seu dispositivo.
Recoméndase que faga unha copia de seguridade dos seus datos persoais antes de
actualizar o software do dispositivo.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin sequera
para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e reiniciar o
dispositivo.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Despois de actualizar o software do seu dispositivo, é posible que as instrucións da guía
do usuario xa non estean actualizadas.