Actualizar o software do dispositivo utilizando o seu dispositivo
Desexa mellorar o rendemento do seu dispositivo e obter actualizacións de aplicacións
e excelentes novas funcións? Actualice o software regularmente para obter o máximo
rendemento do seu dispositivo. Tamén pode axustar o seu dispositivo para que
comprobe se hai actualizacións automaticamente.
Seleccione
Menú
>
Axustes
.
Buscar máis axuda 33
1 Seleccione
Teléfono
>
Actualizacións tlf.
.
2 Para amosar a versión actual do software e comprobar se existe unha actualización
dispoñible, seleccione
Detalles soft. actual
.
3 Para descargar e actualizar unha actualización de software, seleccione
Descarg.
software tlf.
. Siga as instrucións.
4 Se se cancela a actualización despois da descarga, seleccione
Instalar actual.
soft.
.
A actualización de software pode levar varios minutos. Se existen problemas coa
instalación, contacte co seu fornecedor de servizos.
Comprobar actualizacións de software automaticamente
Seleccione
Actualiz. autom. SW
e defina a frecuencia coa que desexa que se comprobe
se hai actualizacións de software novas.
É posible que o seu fornecedor de servizos envíe actualizacións de software do
dispositivo polo aire directamente ao seu dispositivo (servizo de rede).