
Facer e responder unha chamada
Facer unha chamada
Insira o número de teléfono, incluíndo o prefixo do país e de área se é necesario, e prema
a tecla de chamada. Para facer chamadas internacionais, prema *dúas veces para marcar
o prefixo internacional (o carácter + substitúe o código de acceso internacional), insira
o código do país, o prefixo local sen antepor o 0, se é preciso, e o número de teléfono.
Para responder unha chamada entrante
Prema a tecla Chamar.
Chamadas 17

Para rexeitar unha chamada
Prema a tecla Fin.
Para axustar o volume
Durante unha chamada de teléfono, desprácese cara arriba ou cara abaixo.