Nokia C2 01 - Dereitos de autor e outros avisos

background image

Dereitos de autor e outros avisos

DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE

Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-721 cumpre cos requirimentos básicos e con outras condicións

relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina http://

www.nokia.com/phones/declaration_of_conformity/.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

40 Dereitos de autor e outros avisos

background image

Nokia, Nokia Connecting People, Nokia Messaging e os logotipos dos accesorios orixinais de Nokia son marcas comerciais ou

marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation. Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. Outros nomes

de produtos ou compañía mencionados na presente poden ser marcas rexistradas ou comerciais dos seus respectivos donos.

A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera modo

e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento continuo e

resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento sen previo aviso.

Includes RSA BSAFE cryptographic or security protocol software from RSA Security.

Java and all Java-based marks are trademarks or registered trademarks of Sun Microsystems, Inc.

Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e non

comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha actividade

persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo con licenza. Non

se concede ningunha licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible obter información adicional, incluíndo a

relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais, de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://www.mpegla.com.

NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE, NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE RESPONSABILIZARÁ

BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL, INCIDENTAL, CONSECUENTE

(LUCRO CESANTE) INDIRECTO, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.

OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ NINGÚN TIPO

DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE COMERCIABILIDADE E

ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN CALQUERA

MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN CALQUERA MOMENTO SEN

PREVIO AVISO.

A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase en contacto

co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles e a dispoñibilidade dalgúns idiomas. Este dispositivo pode conter elementos,

tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e doutros países. Queda

prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente.

É posible que as aplicacións doutros fabricantes fornecidas co dispositivo foran creadas e sexan propiedade de persoas ou

entidades non asociadas nin relacionadas con Nokia. Nokia non é propietaria dos dereitos de autor nin de propiedade intelectual

das aplicacións de terceiras partes. Debido a esta razón, Nokia non se responsabilizará da asistencia técnica ao usuario, da

funcionalidade das aplicacións nin da información contida nas aplicacións nin nos materiais. Nokia non ofrece ningunha

garantía sobre as aplicacións de terceiras partes.

MEDIANTE O USO DAS APLICACIÓNS, VOSTEDE ADMITE QUE AS APLICACIÓNS FORNÉCENSE “TAL CAL”, SEN GARANTÍAS DE NINGÚN TIPO,

TANTO EXPRESAS COMA IMPLÍCITAS, NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE. TAMÉN RECOÑECE QUE NIN NOKIA

NIN AS SÚAS COMPAÑÍAS FILIAIS OFRECERÁN GARANTÍA NIN REPRESENTACIÓN ALGUNHA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO

SEN LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA DE TÍTULO, DE CAPACIDADE COMERCIAL E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO, NIN QUE AS

APLICACIÓNS NON INFRINXAN AS PATENTES, DEREITOS DE AUTOR E MARCAS COMERCIAIS OU DEMAIS DEREITOS DE TERCEIRAS PARTES,.

AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un teléfono

preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono no caso de que

Dereitos de autor e outros avisos 41

background image

non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en contacto co centro de servizo

técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu funcionamento está suxeito ás dúas

condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe aceptar as

interferencias recibidas, incluídas as que provoquen un funcionamento non desexado. Calquera cambio ou modificación que

non se aprobe de xeito expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario para utilizar este equipo.

42 Dereitos de autor e outros avisos

GL

1.1

/Edición