Nokia C2 01 - Galería

background image

Galería

O teléfono admite un sistema de xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer o

contido que se adquira. Comprobe sempre as condicións de envío de calquera contido

e a tecla de activación antes de adquirilos, xa que poderían cobrarlle unha tarifa por

eles.
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de

xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos

os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para acceder

a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible acceder a contido

protexido con WMDRM 10, OMA DRM 1.0, OMA DRM 1.0 forward lock e OMA DRM 2.0. Se

un determinado software DRM non protexe o contido, é posible que os propietarios do

contido soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos

contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a renovación

do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante DRM. Esta anulación non

afectará ao uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ao uso de contido non

protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse

cunha clave de activación asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.

Galería 27

background image

Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha

copia de seguridade das claves de activación e do contido, utilice a función de copia de

seguridade de Nokia Ovi Suite.
É posible que outros métodos de transferencia non transfiran as claves de activación

que é necesario recuperar co contido para que poida continuar utilizando o contido

protexido mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é

posible que necesite recuperar as claves de activación en caso de que se danen os

ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, as claves de activación

e o contido perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda

as claves de activación e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda das

claves de activación ou do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo

contido no seu dispositivo de novo. Para obter máis información, póñase en contacto

co seu fornecedor de servizos.
Para ver os contidos da Galería

Seleccione

Menú

>

Galería

.