Inserir unha tarxeta de memoria
Utilice únicamente as tarxetas microSD compatibles autorizadas por Nokia para utilizar
co dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as tarxetas de
memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente compatibles con este
dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta e no
dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O dispositivo admite tarxetas de memoria microSD cunha capacidade de ata 16 GB.
É posible que se forneza unha tarxeta de memoria compatible co dispositivo, e pode
que xa se atope inserida neste. De non ser así, leve a cabo o seguinte:
1 Abra a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
2 Insira a tarxeta na rañura coa superficie de contacto orientada cara a arriba e
prémaa ata que encaixe
3 Peche a tapa da rañura da tarxeta de memoria.