Reprodutor de música
O dispositivo inclúe un reprodutor de música para escoitar cancións ou outros ficheiros
de son MP3 ou AAC.
Aviso:
A exposición continua a niveis elevados de volume pode danar a súa capacidade
auditiva. Escoite música a un volume moderado e non suxeite o dispositivo preto do
seu oído co altofalante activado.
Seleccione
Menú
>
Multimedia
>
Reprod. multim.
.
Para iniciar ou inserir unha pausa na reprodución
Prema a tecla de desprazamento.
Para dirixirse ata o inicio da canción actual
Desprácese á esquerda.
Para dirixirse á canción anterior
Desprácese á esquerda dúas veces.
Para dirixirse á canción seguinte
Desprazarse á dereita.
26 Medios
Para rebobinar a canción actual
Manteña premida a tecla de desprazamento cara á esquerda.
Para avanzar rapidamente a canción actual
Manteña premida a tecla de desprazamento cara á dereita.
Para axustar o volume
Desprácese cara arriba ou cara abaixo.
Para silenciar ou activar o son do reprodutor de música
Prema #.
Para deixar o reprodutor de música funcionando en segundo plano
Prema a tecla Fin.
Para pechar o reprodutor de música
Manteña premida a tecla Fin.