Mensaxes de texto
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas ou máis
mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa correspondente ao número
de mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros signos de puntuación, ou
algúns idiomas ocupan máis espazo e limitan o número de caracteres que é posible
enviar nunha mensaxe.
Visualízase o número total de caracteres restante e o número de mensaxes necesario
para realizar o envío.
Para enviar mensaxes, cómpre dispoñer do número do centro de mensaxes correcto no
dispositivo. Normalmente, este número axústase de xeito predeterminado mediante a
tarxeta SIM.
Para axustar o número manualmente, leve a cabo o seguinte:
1 Seleccione
Menú
>
Mensaxes
>
Axustes de mensaxe
>
Mensaxes de texto
>
Centros de mensaxes
.
2 Insira o nome e o número proporcionados polo seu fornecedor de servizos.