Reciclado
Cando o dispositivo alcanza o final da súa vida útil, é posible converter todos os seus
materiais en novos materiais e enerxía. Para garantir a correcta eliminación e
reutilización do produto, Nokia coopera cos seus asociados a través dun programa
denominado We:recycle. Para obter información acerca de como reciclar os seus
produtos Nokia antigos e sobre onde atopar lugares de recollida, diríxase á páxina
www.nokia.com/werecycle, ou se está a utilizar un dispositivo móbil, á páxina
nokia.mobi/werecycle ou chame ao centro de contacto de Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de usuario, siga o procedemento habitual na súa zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado cun "x" no produto, na batería, nas instrucións
ou na embalaxe lémbralle que todos os produtos eléctricos e electrónicos, as baterías
e os acumuladores se deben refugar por separado ao final da súa vida útil. Este requisito
aplícase na Unión Europea. Non se desfaga deste produto do mesmo xeito que dos
residuos domésticos normais. Para obter máis información verbo dos atributos medio
ambientais do seu dispositivo, consulte www.nokia.com/ecodeclaration.
Protexer o medio ambiente 35