Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está aprobada en Redes (E)GSM
de 850, 900, 1800 e 1900 MHz, e redes UMTS 900/1900/2100 MHz . Póñase en contacto
co seu fornecedor de servizos para obter máis información acerca das redes.
É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou ligazóns preinstalados para sitios
da Internet de terceiros e que permitan o acceso a sitios de terceiros. Estes sitios non
teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha
responsabilidade correspondente a eles. Se accede aos sitios mencionados, tome as
precaucións necesarias relacionadas coa seguridade ou cos contidos.
Aviso:
Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do espertador, é necesario que
se atope acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que poida provocar
interferencias ou poida supoñer un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a intimidade
e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que
as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia, modificación ou
transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos da información importante
almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea a guía de usuario para
obter instrucións detalladas de seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das que aparecen na pantalla do
seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra información importante acerca do
dispositivo.