Códigos de acceso
O código de seguridade axuda a protexer o seu dispositivo contra o uso non autorizado.
O código preestablecido é 12345. Pode crear e cambiar o código, así como configurar o
dispositivo para que o solicite. Garde o código secreto nun lugar seguro, non no
dispositivo. Se esquece o código e o dispositivo está bloqueado, este precisará asistencia
técnica. Isto pode supoñer a aplicación de cargos adicionais e que todos os datos
persoais do dispositivo se eliminen. Para obter máis información, póñase en contacto
cun punto de atención Nokia Care ou co distribuidor do dispositivo.
O código PIN proporcionado coa tarxeta SIM protexe a tarxeta contra o uso non
autorizado. O código PIN2 proporcionado con algunhas tarxetas SIM requírese para o
acceso a algúns servizos. Se introduce o código PIN ou o PIN2 incorrectamente tres veces
seguidas, pediráselle o código PUK ou o PUK2. Se non os ten, póñase en contacto co seu
provedor de servizos.
O PIN do módulo é preciso para acceder á información do módulo de seguridade da
tarxeta SIM. O PIN de sinatura pode ser necesario para a sinatura dixital. O contrasinal
de restrición é preciso cando se usa o servizo de restrición de chamadas.
12 Uso básico
Para determinar o xeito no que o dispositivo empregará os códigos de acceso e os
axustes de seguridade, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
.